El-Jefe-cortometraje-ShortfilmCamila-Bossa-Kraken-Films

Conflicto laboral en El Jefe

A finales del 2018,la productora Kraken Films grabó en las oficinas de Finsa el cortometraje titulado El Jefe.Una historia de conflicto entre dos trabajadores de alta cualificación que se conocen en su primer dia de trabajo.Todo es alegría hasta que se les informa que ambos optan al mismo puesto.Los dos lo merecen.Los dos pelearán por conseguirlo.Rosa y Félix disputarán el puesto de el Jefe cueste lo que cueste.Dirigido por Fernando Tato y Ozo Perozo,quienes también crearon el guión a tres con Adrián Castiñeiras a partir de una idea de Camila Bossa.Protagonizada por Francesc Corbera,Camila Bossa,Mabel Rivera y Paula Cereixo,reflexiona sobre la desigual carrera hacia el éxito laboral entre un hombre y una mujer.

Finalista en los Premios Mestre Mateo 2019 y Premio del público en el Festival Internacional de Cine de Zaragoza 2019,actualmente,sigue participando en numerosos festivales de cortometrajes.

Camila Bossa es Rosa Campos
camila bossa

Galicia,una protagonista más de Vivir sin permiso.

camila bossa

Galicia, una protagonista más de ‘Vivir sin permiso’

.

Numerosas y representativas localizaciones galaicas y un nutrido plantel de intérpretes gallegos convertirán a Galicia en una protagonista más de Vivir sin permiso, una de las apuestas de ficción de Telecinco para la próxima temporada, que comenzará a rodarse el 9 de junio en la provincia de Pontevedra.
Vivir sin permisoprimera serie de Alea Media, cuenta con la colaboración de la productora gallega Ficción Producciones y ha sido creada por el showrunnerAitor Gabilondo a partir de una idea original del escritor Manuel Rivas.
Vivir sin permiso narra el declive de un líder poderoso, dominante y temido que ha controlado con mano de hierro durante años la comunidad en la que vive, y el espectáculo cruel y despiadado que ofrecen sus familiares y allegados por hacerse con el control de su imperio.
Pasiones, rivalidades e intereses enfrentados; intensas tramas emocionales y personales de los personajes y momentos violentos e impactantes propios delthriller son los ejes en torno a los que se vertebra la serie.
El argumento se centra en la historia de Nemesio Nemo Bandeira, (Jose Coronado), un hombre que se enriqueció en el pasado con actividades ilegalespero que ha conseguido blanquear su trayectoria hasta erigirse en uno de los empresarios más influyentes de Galicia a través de una importantísima compañía conservera.

Cuando a Nemo le diagnostican Alzhéimer, tratará de ocultar su enfermedad para no mostrarse vulnerable mientras pone en marcha el proceso para elegir a su sucesor, lo que provoca una hecatombe en la familia. Sus dos hijos legítimos, que nunca han tenido interés alguno por los negocios, de pronto intentan demostrar que cada cual es el candidato más adecuado.

En el elenco artístico, en el que se ya ha confirmado a los actores Jose Coronado, Álex González, Àlex Monner y Ricardo Gómez, participarán los intérpretes gallegos Luis Zahera (Sin tetas no hay paraíso, Matalobos), Ledicia Sola (Pazo de familia, Gran reserva), Xabier Deive (A vida por diante, Rias Baixas), Daniel Currás (Matalobos, Casa Manola), Camila Bossa (Matalobos, Serramoura), Mercedes Castro (Padre Casares, Avenida de América), Manuel Cortés (Libro de familia, Matalobos), Carmela Martins (Serramoura, El final del camino) y Paula Pier (Serramoura), entre otros.
La serie, que tiene su origen en el relato del autor coruñés Todo es silencio, transcurre en la comarca gallega de Oeste, un territorio ficticio ubicado en el corazón de las rías gallegas. Los imponentes paisajes, la gente, las costumbres, la gastronomía, el mar, el clima, los colores y la singular atmósfera de Galicia serán parte fundamental de la historia.
http://www.mediaset.es/telemania/series/series-nacionales/comienzo-rodaje-serie-telecinco-vivir-permiso-jose-coronado-alex-gonzalez_0_2379825983.html
CamilaBossa_3

Camila Bossa vista por Edu Pereira

camila bossa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

El fotógrafo ferrolano ,Edu Pereira,retrató a la actriz Camila Bossa.Y esa no fue la única vez.

Ya se habían conocido en una sesión para el calendario que hace ASPERGA para sensibilizar a la población sobre el Síndrome de Asperger.

Desde el principio se entendieron muy bien y decidieron repetir.

El mundo fantástico y de gran riqueza visual de Edu, lleva a Camila a paisajes y ambientes oníricos, atmosféricos y con un enorme preciosismo.Un trabajo minucioso de post producción que hacen de las fotos de este artista algo único y de estilo inconfundible

 

A su lado,la maquilladora Lucía Porta,suma su arte para la caracterización y el uso del color y las luces para dar vida a cada uno de los retratos.

camila bossa galicia confidencial

Entrevista a Camila Bossa de Galicia Confidencial

Temas: CINEMA

Obxectivo : Camila Bossa

Esta muller, con sentimento de ser un pouco de todas as cidades onde viviu e con vocación tardía pero firme para ser actriz, atópase agora nun momento no que desexa interpretar mulleres con maiusculas,esas que teñen unha historia na mirada,que non só pasan polo fondo e adornan. Algo que non abunda na ficción nacional pero que ela segue a perseguir e a evocar como reto para ese futuro onde,según di ,podes coñecerte mellor e saber con moita máis precisión cales son as túas armas…Disfrutar,en resumen,desa marabillosa sabiduría que dá a vida.

Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 02/08/2015 | Actualizada ás 14:00

1.- Falamos da túa personaxe en Hospital Real para TVG..

Camila Bossa por www.suerainbow.es

Camila Bossa por www.suerainbow.es

Alicia,é unha postulante,é dicir,unha aspirante a monxa. Está,digamos,no paso previo a tomar os votos. Tendo en conta a época na que está situada a serie, século XVIII,trátase dunha muller que se, xa de por sí non ten medios propios para obter unha posición na sociedade, por riba, responde ó mandato absoluto da xerarquía eclesiástica personalizado na irmá Úsrsula. Así que Alicia é unha persoa que depende do seu posto no Hospital para poder vivir. Alí encárgase dos nenos orfos, a súa debilidade. Pero ela esconde moitas cousas do seu pasado. Ela sempre observa e obedece ata que…(teredes que ver en setembro os capítulos que faltan!)

2.-Ao ter sido unha nena tímida..seica,vivir o carón da túa nai, levóuche a vivir experiencias da súa intensa vida que,despois,axudáronte a ser a grande actriz na que te convertiches?

Si que fun unha nena moi tímida.Digamos que máis ca iso,era unha nena que se pechaba moito no seu mundo.Ó mellor foi debido ós cambios de vida que tivemos na infancia (vir con sete anos dende Bogotá a Madrid). Pero sempre tiven moita imaxinación e dotes de paiasa na casa.

Posteriormente,pasados moitos anos,e sen telo sentido como unha vocación clara,apuntéime a teatro universitario  en Compostela. Despois sí que tiven moi claro que iso era o que me gustaba e me facía sentir satisfeita e feliz.

Camila Bossa por www.suerainbow.es

Camila Bossa por www.suerainbow.es

O xeito de que a miña nai sexa actriz,obviamente, me permitiu vivir un mundo de experiencias entorno a este mundo, pero, sinceiramente, na miña carreira profesional, s miña nai nunca interviu. De feito,moita xente non sabía ,ata ben pouco ,que eramos nai e filla (de Pilar Pereira)

Asi que,pódese dicir que empecei dende cero.

3.Vindo de Bogotá e de Madrid e meténdote no mundo teatral e audiovisual,¿cómo fixeches para aprender galego?

Cheguei a vivir a Santiago no ano 1993. Había un par de anos que viña pasar tempadas por Galicia e nunca tiven reparos en poñer a orella e aprender. Para min é algo lóxico: cando vas  un lugar onde falan unha lingua, hai que tentar aprendela. A miña lingua nai e da casa é o castelán pero non por iso vou deixar de enriquecerme e de disfrutar falando galego.

Asi que ,cando vin definitivamente vivir aquí, eu estudaba Historia da Arte e, daquela, nin  pasaba pola miña cabeza ser actriz,pero si vía necesario de falar ben o galego. Asi queapuntéime en cursos da Xunta e tamén en teatro da Facultade de Filoloxía… E así, pasados uns dous /tres anos falaba xa case sen meter moito a pata e poñendo oido para a pronunciación. A miña postura fronte o galego é a mesma que teño ante calquera lingua: respecto. Temos riqueza e cultura nunha lingua. Non entendo o desprezo que lle fai moita xente nin a postura de empobrecemento da lingua que se leva a cabo dende moitas institucións públicas. Unha lingua é identidade e historia.

4.Qué consellos lle darías a persoas coma min para enriquecer a fala galega?

Diría que hai que facer o mesmo que farías se vas vivir a calquera lugar onde falen outra lingua: aprendela e usala. Serás máis sabio, abrirás o teu horizonte. Poderás darte conta de que é parte da túa historia,dos recordos ,das palabras que se acomodan ó teu vocabulario e que, sumando, sempre medras. Desvalorizando ou ignorando algo, sen embargo, te infravaloras a ti mesmo. Se nós non nos valoramos,ninguén o fará.

5.Tes un extenso curriculo de traballos dende o ano 94, sobre todo na TVG, ¿qué anécdota gardas con máis cariño?

E certo que oa maior parte do meu traballo está relacionado con series ou tv movies da TVG.

Teño moi bos recordos de cada un deles.Cada un deses traballos ten detrás un equipo de xente que, ás veces, convírtese na túa familia. Convives moitas horas, compartes moitas cousas.

Ademáis,cada persoaxe activa algo diferente en ti. Modos de falar,mirar,vestir… Gardo recordos de todos pero, se queres unha anécdota, pódoche dicir que son capaz de durmir en calquera parte. Madrugamos moito e eu aproveito calquera momento para cargar pilas. Asi que hai máis dunha foto  feita por alguén do equipo onde estou coa boca aberta..jaja

6.Como artista e como atea,v¿tes algunha superstición antes de sair a escea?

Non son moi consciente de ter ningún ritual especial antes de saír a escena. Como a case todos ,invádenme os nervios pero,normalmente, e se o traballo está feito, saes a escea e todo empeza a funcionar. Gústame chegar con tempo para preparar o atrezzo, maquillarme, respirar…Abrazarme cos compañeiros ou facer algo físico.

7.¿Algún persoaxe afectóuche a nivel emocional?

Case todos levan algo de ti. A nivel emocional quédanche máis os que son dramáticos e que che fan buscar na túa intimidade ou no teu estómago para darlle alento. Recordo con especial cariño a persoaxe de Maria,no filme A Mariñeira(2007). Estiven moito tempo pensando na soidade e na fortaleza das mulleres que se quedan sen nada, nen ninguén no medio dunha guerra e, sen embargo, tiran pa adiante, sacando forzas de non se sabe onde.

8.Os teus seguidores saben que che gusta debuxar, ¿pensaches en facer unha exposición?

Encántame debuxar dende que son unha enana. Era parte dese mundo interior onde me refuxiaba .Durante todo o colexio ,instituto e universidade, teño pintado todos os meus apuntamentos .De feito,sempre mos pediron para fotocopiar por que dicían que eran moi divertidos.

Dende hai un par de anos decidín apuntarme en clases de dibuxo (nunca antes fora) pero o meu é totalmente amateur. Fago as miñas bonecas e as miñas historias pero considero que o debuxo,con maiúsculasé algo moi difícil e serioPero disfruto unha barbaridade nas clases.

En canto a expoñer,dame pudor..Aínda non me vexo poñendo os meus debuxos nese plan… seica cando teña algo que ofrecer.

9. Cal é o segredo da túa beleza?

Jaja..e que estas preguntas danme  a risa… por que ese tipo de preguntas as teño asociadas a esas revistas con “it girls” e mulleres que parece que non fan outra cousa na súa vida máis que estar pendentes do seu aspecto. Tanta loita pola liberación da muller e agora  parece que iso é o único que importa dunha tia .UF..QUÉ PEREZA!

A ver,eu creo que hai que coidarse pero sempre dentro dun límite.

Eu son de desmaquillarme sempre con crema e auga de rosas.Poñer hidratante… beber auga… pero tamén os meus viños e as miñas birras cos colegas. Intentar comer ben, moverse, sentirse feliz coa xente que te rodea e agradecer a xenética que herdaches da túa familia… E traballar,iso faime moi feliz!

10.Sabemos que che gusta a música de Mr.cool. ¿Qué é o que máis che gusta da súa música?

Encántame Mr.Cool.Todo él.Qué che vou contar! Jaja. Gústame que sexa tan dúctil e que imprima o seu estilo inconfundible a todo o que fai. E o seu impecable look,of course!

Admiro a súa capacidade de traballo e a súa profesionalidade. Ama o que fai e iso é moi importante.

11.Entre Bogotá (a túa cidade de nacemento) e Galicia, ¿con qué te quedarías?

Non me gusta ter que decidir ou excluir entre cousas que forman parte de miña vida.Todo enriquece e todo é parte de min. Ademáis, polo medio está Madrid,onde vivín 14 anos.

De Bogotá teño as raíces,a familia,infancia,olores,sabores,paisaxes..Un lugar maravilloso.

De Madrid gardo o sentido de ser dunha cidade grande,ca súa personalidade,con virtudes e defectos. Unha cidade que adoro e na que tamén me recoñezo. O colexio e o instituto e primeiros anos de carreira son etapas inesquecibles. Ademáis,ali vive unha das miñas irmás e cando vou vela síntome na casa.

En Galicia levo media vida. Aqui teño xente maravillosa, aquí empecei a saber que quería facer coa miña vida.. Acabeí a universidade, comeceí traballar, disfrutar do que facía .Atopeí as raíces da miña familia materna…miles de cousas importantes… Sen esquecer a beleza das paisaxes,do mar,de todo o luxo que temos o noso alcance.

12.Para rematar, ¿que opinas do papel da muller no mundo audiovisual?

Esta non é  unha pregunta  fácil por complexa e extensa.

Digamos que,ainda que salvemos certas singularidades que se dan  nalgunhas cinematografías,producións ou canles de televisión, o papel da muller como tal no audiovisual, sempre foi, con respecto ó  do home, algo secundario, de soporte e ata  residual.

Falaba antes das It girls…esas mulleres eternamente adolescentes,que se fan famosas sólo por que colgan selfies, publicitan roupa e exhiben o seu físico como único logro. Este tipo de valores,absolutamente vanais e consumistas, reflíctense nas persoaxes femininas. Parece que a idea do paso do tempo é algo comparable a un “virus terrible”.

A muller madura ou vella (para min,espléndida) é apartada polas producións alegando que iso non vende. Sen embargo non pasa igual coa madurez (sempre ben vista) dos homes.

Simplemente vos suxiro que miredes revistas. Fixádevos como se fala dunha actriz e como dun actor. Que importa no caso dun e doutros. Comparade os papeis que fan uns e outros. E tamén como rodean a esa persoaxe a nivel social, sexual…etc( ninguén se extraña de que un actor de 60 anos teña unha muller de vinte ou que unha muller de corenta, que está estupenda, a poñan facer de nai dun actor que ten case a mesma idade). Se este oficio de actor é xa difícil de por sí, é moitísimo máis difícil para unha actriz.

Por outra parte,nas producións onde si podemos ver mulleres maduras e maiores  traballando, compróbase que funcionan e son tan marabillosas coma calquera actor. Nada é máis atractivo que a experiencia, o saber facer, o disfrute do teu traballo e o  coñecemento do oficio…

Estamos nun momento onde, por un lado, non paramos de escoitar cousas como a igualdade de sexos, de salarios, de responsabilidade.. .e,polo contrario, a brecha entre homes e mulleres, cada vez é maior, sobretodo, en canto a asuntos profesionais, de dereitos e de salario se refire. Isto, claro está,vese reflectido no audiovisual. En xeral, búscanse mulleres sempre novas,atractivas,dispoñibles,nada críticas e cun interese. moitas veces, só apoiado na sexualidade.

Dende aquí parto unha lanza pola xente que propón outro tipo de historias. Que amosa ás mulleres que existen ou existiron, que respiran,miran e pisan con verdade.E que, por ende, amosan tamén outor homes. Necesitamos máis mulleres neste oficio. Unha postura máis solidaria e crítica por parte de moitos dos nosos compañeiros do gremio.

A xente demanda boas historias.Se están ben contadas,ninguén vai pensar se debería estar protagonizada por un home novo,unha muller sexy,un neno de ollos azuis ou un ancián encantador.Estarán interesados na historia e punto. Por desgracia, e comparado con outros países, España segue a ser bastante troglodita ,conservadora e básica en todo isto dos roles no  eido audiovisual. Poñede a televisión e poderedes comprobalo…sen ir máis lonxe.

Foto y texto por Sue Rainbow www.suerainbow.es

Peluquería y maquillaje por http://manuelpensado.es/

Agradecimientos http://www.hotelluxsantiago.com/

Camila Bossa por www.suerainbow.es

Camila Bossa por www.suerainbow.es

Camila Bossa por www.suerainbow.es

Camila Bossa por www.suerainbow.es
 https://camilabossa.es/entrevista-a-cam…cia-confidencial/
Temas: CINEMA
camila bossa

Camila Bossa: “Na ficción española a muller vive na sombra, só se completa grazas o papel masculino”

Camila Bossa: “Na ficción española a muller vive na sombra, só se completa grazas o papel masculino”

Non se enganen, nada ten que ver esta frase coa vida de Camila Bossa. De vivir na sombra, pouco. E de depender dos homes? Menos aínda. Filla de actriz, esta colombiana que fala galego, caeu no mundo da interpretación para superar a súa timidez. Agardou a oportunidade, e esta veu da man de Belinda, aquela dominicana que chegou a Portozás para non marchar máis. Algo similar lle pasou a Camila coa nosa terra. Reivindica apoio para a cultura e papeis con forza para as actrices, agarda continuar vivindo do seu traballo e soña… Soña moito.

En primeiro lugar Camila, para situarnos, cóntanos. Que andas a facer? En que andas metida nestes momentos?

Agora mesmo, nestes tempos tan difíciles para todos, os actores tamén estamos sufrindo as consecuencias. Pouco curre, moita adaptación e esforzo. Así que, ando cun pequeno espectáculo de cabaré e humor titulado “Malos Hábitos” onde, xunto a Iolanda Muíños, o que facemos é contar a vida de dúas monxas moi especiais. Tamén participei na serie de Jorge Coira titulada “Luci”, que aínda está por estrear. Aparecerei nun episodio no que fago o papel dunha monitora de ximnasio algo estrita.

Ó longo da túa traxectoria hai un pouquiño de todo, teatro, cine, televisión… Con que te quedas? Onde te atopas mellor?

Esta é unha pregunta recorrente e creo que case todos contestamos o mesmo, o importante é o proxecto, a súa calidade, o papel que teñas. O medio é o de menos. Digamos que ti es un actor en todos os casos, cambia a técnica pero ti desenvolves as mesmas armas. E, ante todo, o actor se sinte feliz traballando, estando en activo.

E se miramos cara atrás, cara os inicios, nun principio os teus estudos ían noutra dirección, de feito creo que a lingua galega tivo parte de “culpa” da túa vea teatral…

Eu cheguei a vivir a Santiago no ano 1993 e nese momento estudaba Historia da Arte. Unha boa maneira de facer amigos e de lanzarme a falar galego foi esa, facer teatro, socializar. E foi unha boa experiencia. Comecei a subir ós escenarios e a quitarme medos de enriba.

Chegaches a Santiago despois de vivir en Madrid unha tempada, e de pasar a túa infancia en Colombia, que foi onde naciches. Como foi o cambio? Difícil?

Eu nacín en Bogotá, meu pai é colombiano. Nos 80 meus pais separáronse e miña irmá e máis eu viñemos a España con miña nai. Eu tiña case 8 anos. Instalámonos en Madrid e vivín alí ata o 93 que foi cando vin a Santiago. A adaptación foi dura, si, porque eran moitos cambios… De país, de colexio, de amigos… Eu era unha nena moi retraída e custábame afacerme a esa maneira de ser dos madrileños, máis “gritona” e chulesca.

“Cheguei a Santiago no 93, unha boa maneira de facer amigos e de lanzarme a falar galego foi facer teatro”

Como recordas a túa infancia? Moi vinculada á interpretación supoño, porque a túa familia tamén se dedica a este mundo. Podemos dicir que o levas no sangue?

Miña nai é actriz e iso implica unha maneira de ver o mundo, de coñecer a persoas que se dedican a oficios artísticos, creativos… A miña casa en Madrid sempre estivo chea de xente moi interesante e diferente, cousa que agradezo. Miña nai, cando chegou a Madrid con dúas nenas pequenas, púxose a traballar en todo canto podía para sacarnos adiante. Non foi ata ben tarde cando volveu retomar a súa actividade como actriz. A verdade é que a min non me atraía nada ese tema de dedicarme ó teatro. Non sei se esas cousas se levan no sangue, pero no meu caso eu non tiven esa “chamada” ata moi tarde e por unhas circunstancias moi particulares.

De feito, adoitas dicir que sempre fuches moi tímida… Aínda que iso si, non se che nota nada! (Risas)

“Impoñíame moito o carácter madrileño, tan forte, contrastado coa dozura de Latinoamérica”

Si, eu era tímida! Imaxínate, con todo ese cambio vital ós 8 anos… Eu montábame as miñas películas na casa, debuxaba, pasaba moito tempo soa ou coa miña irmá. Impoñíame moito o carácter madrileño, tan forte, contrastado coa dozura de Latinoamérica. Hoxe en dia, despois de tantos anos, son unha persoa aberta e faladora porque son froito, imaxino, de todas esas adaptacións e cambios. Ao final un vai collendo forza, personalidade, e ves que coñecer xente é algo estupendo. Pero inda agora, recoñézome como unha persoa pudorosa no sentido persoal. Non me gusta nada contar cousas íntimas nin falar da miña vida. Son celosa da miña vida e a dos meus amigos e familiares.

Camila BossaE como dicíamos antes, despois de pasar por Madrid, chegas a Santiago. Por que este cambio?

Pois acabo vivindo en Galicia porque miña nai é de Santiago. Ela marchou moi nova de aquí e fixo moita vida polo mundo. Pero no ano 1992, un compañeiro de anos atrás, director de teatro, chamouna para traballar no Centro Dramático Galego. Finalmente un traballo xuntouse co outro e foi quedando. Naquel momento eu era estudante. Miña irmá independizouse para ir vivir co seu mozo e pensei que era un bo momento para vir continuar os meus estudios a Santiago.

E unha vez aquí, que che ofreceu Galicia para non marchar máis? Por desexo ou polas circunstancias?

Pouco a pouco funme afacendo á cidade, coñecín xente, fixen moi bos amigos, licencieime… Moito máis tarde comeza todo o da tele. Pasiño a pasiño. Que si un corto, que si un casting de figuración, que si entro en Luar… En fin, non foi algo da noite a mañá, que é unha idea que a xente ten frecuentemente. Salvo certas excepcións, esta profesión e o feito de dedicarse a ela, é un proceso longo, desigual, inestable e que é así para toda a vida.

Falando da túa traxectoria, podemos dicir que o teu “gran salto” foi Mareas Vivas, non? Como recordas a Belinda? Que supuxo este personaxe para ti?  

Pois traballando de animadora de público na TVG, chamáronme para un casting de Mareas Vivas! Para facer dunha dominicana que falaba galego. Botei memoria dos acentos da miña familia e comecei a falar en galego con esa musicalidade. Presenteime coa miña proposta e a gran sorpresa foi que me colleron! Nun principio Belinda só ía estar un par de capítulos pero, por sorte, quedou a vivir en Portozás. Iso supuxo a miña primeira oportunidade de ser actriz, de vivir do meu traballo e de compartir faena con grandes intérpretes dos que aprendín moito. Ademais, creo que Belinda foi querida polo público, porque aínda hoxe en día hai xente que a recorda e iso é moi gratificante.

Houbo moitos máis polo medio, pero gustaríame facer referencia agora a Matalobos. Foi outro “bombón” (xa falo coa xerga e todo) de papel, non si?

“Nun principio Belinda só ía estar un par de capítulos pero, por sorte, quedou a vivir en Portozás”

(Risas) Chegou Matalobos, e outra vez a facer de latina! Esta vez, colombiana. Durante moito tempo quixen fuxir de facer só papeis con acento, por que era repetitivo e por que eu quería que o público soubese que eu falo doutra maneira. Pero o papel de Adriana chega anos despois de facer outros papeis moi diferentes e co atractivo de ser “A MALA” da serie. Nunca, ata ese momento, me ofreceran facer dunha persoa malvada, escura. Adriana gustoume dende o primeiro momento e iso é importante, que che gusten os teus personaxes.

Camila BossaE ademais, se no seu momento Mareas Vivas foi unha revolución na ficción galega, a Matalobos pasoulle un pouco o mesmo…

A serie foi todo un fenómeno. Na rúa notas cando algo chega ó público e, neste caso, foi espectacular.

Isto demostra tamén que o audiovisual galego precisa de proxectos novos? Hai que renovar o panorama televisivo?

Si, creo que a ficción galega necesita novos formatos, arriscar, modernizarse narrativa e formalmente. Matalobos tiña iso. Agora, con tanto recorte e falta de interese por reforzar o sector, perigan os produtos de calidade e polo tanto, o seguimento do público. Agardo que alguén se decate de que a calidade é o único camiño para ter un audiovisual competitivo e con credibilidade. Non é posible medrar sen o talento e o traballo; para iso precísase investir tempo, darlle voltas aos argumentos, buscar temáticas innovadoras, ensaiar as interpretacións, darlle tempo o equipo para facer os mellores planos…

Como están as cousas neste senso? Quizais se debería “arriscar” máis e poñer en marcha proxectos máis ambiciosos?

En Galicia, para o meu gusto, pécase dunha repetición de formatos e temática que non  saen do ámbito caseiro-parroquial e dun humor branco e sen complexidade. Iso está moi ben, pero debería coexistir con outros produtos. Mentres que a política audiovisual só se mida polos resultados económicos e cero na calidade, non creo que volvamos ter o apoio e o orgullo do público polo audiovisual feito aquí. Fálase moito da época dourada das series en USA e Gran Bretaña pero non é casual. Fixémonos en como se apoian e valoran eses sectores neses países. Por iso dan ganancias e se exportan, porque son bos.

Volvendo a Matalobos, valeuche non un, senón dous, Premios Mestre Mateo, que significou para ti?

Eu levara o meu primeiro Mestre Mateo por “O Ano da Carracha” de Jorge Coira, e dese tamén teño un gran recordo, non o esperaba para nada, atropelábame falando e non sabía nin que dicir. Emocionante.

“Matalobos deume moitas alegrías, dous premios Mestre Mateo consecutivos foi moito máis do que eu podía esperar”

Se seguimos falando de cine, tes papeis para todos os gustos. E algúns dos teus filmes son moi duros, como “Heroína” ou “A Mariñeira”. Mulleres con vidas realmente difíciles, loitadoras en toda regra. Gústanche estes retos? Considéraste unha loitadora?

Tiven a sorte de ter o regalo de protagonizar “A Mariñeira” de Antón Dobao. Unha historia de sufrimento, de amor, de soidade… Eses papeis que a todos nos gusta facer. Canto máis complexos, mellor. Dende logo que quixera ter tido moitos máis dese corte pero… Todo chegará. En Heroína tiven unha participación pequena pero na que aprendín moito. As que levaban nese caso os papeis de “peso” eran Adriana Ozores e María Bouzas, que puxeron moita forza e enerxía nesas mulleres. Son papeis que esixen pero tamén che dan. Son papeis para desfrutar, para esforzarse, buscar… Desgraciadamente, non abundan moitas personaxes femininas dese corte. Na ficción española aínda non demos o salto cualitativo e cuantitativo de papeis femininos como en Francia, Inglaterra ou Estados Unidos. A muller só acompaña, vive na sombra o só se completa grazas o papel masculino. A min, persoalmente, é algo que me produce aburrimento e cero empatía como espectadora cando consumo ficción española. O papel das mulleres nas historias…Uf!… Todas parecen a mesma persoa.

“Aínda costa máis ver a unha muller ríndose de si mesma, ca  ver a un home”

Nos últimos tempos vímoste de novo subida ó escenario e ademais cun proxecto tamén moi feminino…

Pois falando de mulleres precisamente, coa obra que actualmente estou facendo, “Malos Hábitos”, traballamos outra faceta que tamén parece algo afastada para as mulleres: o humor. Aínda semella que costa máis ver a unha muller ríndose de cousas, de si mesma, das cousas que lle pasan, ca  ver a un home.

Camila BossaDe que vai “Malos hábitos”?

Nesa obra pasámolo moi ben sendo gamberras, surrealistas, frikis, deslinguadas! A xente pásao moi ben e queda sorprendida. Dúas monxiñas moi especiais chegan para falar co público da súa descoñecida e inesperada vida en clausura. Temos que gañar terreo tamén no humor. Penso eu.

E xa para ir rematando Camila, algún proxecto en mente? Algo que nos poidas adiantar?

Pois como che dicía ao comezo, estamos no día a día… En manternos, en buscar formas de traballo, espazos. A cousa está difícil para todos, pero esta é unha profesión dura, que ninguén se engane, e hai que afrontala así con épocas mellores e outras máis escasas. Agardo que cambie a política tributaria con respecto a cultura. Non pode ser que nun país (do primeiro mundo) non podamos asistir ó cine, ó teatro ou a un concerto porque os prezos son prohibitivos. Iso é unha vergoña, e ademais non está servindo para recadar máis cartos, máis ben o revés, está baleirando as salas e levando ao peche ós teatros. En definitiva, destruíndo a rede de cultura e vida nas cidades. Pero bueno, os actores sempre temos algo na cabeza ou á vista, aínda que, como ben sabes, ata que non está firme e claro non adiantamos nada! (Risas)

E por último a pregunta do millón, unha sinxeliña para rematar, onde te ves dentro de dez anos? (Risas)

Pois a verdade, nunca penso con tanta antelación, será o costume de vivir ó día… Pero, por imaxinar, gustaríame estar traballando en bos proxectos, ser mellor actriz, aprender sempre cousas novas, poder vivir da miña profesión, ter cerca aos meus amigos, á familia e á miña parella, viaxar un montón, ver máis o sol e encher teatros e cines cos traballos que faga, estar en forma, coñecer a xente interesante, ver cambios nesta sociedade, ver como os de enriba miran polo pobo e non polos especuladores… Tantas cousas!!! (Risas) Ser feliz!

E nós que o vexamos. Grazas Camila.

 

Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
 http://www.noticieirogalego.com/camila-bossa-na-ficcion-espanola-a-muller-vive-na-sombra-so-se-completa-grazas-o-papel-masculino/
camila bossa

La actriz Camila Bossa recibe dos Premios Mestre Mateo consecutivos por su papel en la serie Matalobos

La actriz,Camila Bossa,recibió su segundo premio Mestre Mateo por su papel en Matalobos , serie  producida por Voz Audiovisual para TVG.

Un premio que no esperaba la actriz y que se suma al éxito de la serie ,así como a la popularidad de su personaje,la jefa del cártel colombiano , Adriana Calderón.

“Un premio siempre es una alegría,sobretodo para toda la gente que te quiere,para los que confían en ti ,para los que te apoyan.Pero,como siempre digo , el mejor de los premios es seguir teniendo trabajo”.

Este papel le ha reportado muchas alegrías a la actriz y agradece a todos los seguidores de la serie su fidelidad y cariño.

En total,la actriz suma tres premios Mestre Mateo.El primero,por la película  El año de la Garrapata,de Jorge Coira (2004) y los otros dos por su interpretación en Matalobos (2010 y 2011)

 

camila bossa

La Actriz camila Bossa gana un premio en N.Y

La actriz Camila Bossa recibe un premio en Nueva York por su papel en el cortometraje gallego ‘A Xinecóloga’

La actriz colombiana radicada en Galicia Camila Bossa recibió uno de los premios a la mejor interpretación en el 13 NYC Picture Start Film Festival, en Nueva York, por su papel protagonista en el cortometraje gallego ‘A Xinecóloga’.

Así, Camila Bossa fue seleccionada por el jurado como la tercera mejor actuación –en esta categoría se reconocen 3 premios-en uno de los festivales ‘más competitivos del sector norteamericano’.

Este es el segundo premio que Camila Bossa recibe por este cortometraje, ya que en julio de 2008 le fue concedido el premio a la mejor interpretación protagonista femenina en el Festival Internazionale del corto in Sabina, en Mompeo (Italia)EUROPA PRESS19/06/2009 13:40 H