Obxectivo : Camila Bossa
Esta muller, con sentimento de ser un pouco de todas as cidades onde viviu e con vocación tardía pero firme para ser actriz, atópase agora nun momento no que desexa interpretar mulleres con maiusculas,esas que teñen unha historia na mirada,que non só pasan polo fondo e adornan. Algo que non abunda na ficción nacional pero que ela segue a perseguir e a evocar como reto para ese futuro onde,según di ,podes coñecerte mellor e saber con moita máis precisión cales son as túas armas…Disfrutar,en resumen,desa marabillosa sabiduría que dá a vida.
Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 02/08/2015 | Actualizada ás 14:00
1.- Falamos da túa personaxe en Hospital Real para TVG..
Alicia,é unha postulante,é dicir,unha aspirante a monxa. Está,digamos,no paso previo a tomar os votos. Tendo en conta a época na que está situada a serie, século XVIII,trátase dunha muller que se, xa de por sí non ten medios propios para obter unha posición na sociedade, por riba, responde ó mandato absoluto da xerarquía eclesiástica personalizado na irmá Úsrsula. Así que Alicia é unha persoa que depende do seu posto no Hospital para poder vivir. Alí encárgase dos nenos orfos, a súa debilidade. Pero ela esconde moitas cousas do seu pasado. Ela sempre observa e obedece ata que…(teredes que ver en setembro os capítulos que faltan!)
2.-Ao ter sido unha nena tímida..seica,vivir o carón da túa nai, levóuche a vivir experiencias da súa intensa vida que,despois,axudáronte a ser a grande actriz na que te convertiches?
Si que fun unha nena moi tímida.Digamos que máis ca iso,era unha nena que se pechaba moito no seu mundo.Ó mellor foi debido ós cambios de vida que tivemos na infancia (vir con sete anos dende Bogotá a Madrid). Pero sempre tiven moita imaxinación e dotes de paiasa na casa.
Posteriormente,pasados moitos anos,e sen telo sentido como unha vocación clara,apuntéime a teatro universitario en Compostela. Despois sí que tiven moi claro que iso era o que me gustaba e me facía sentir satisfeita e feliz.
O xeito de que a miña nai sexa actriz,obviamente, me permitiu vivir un mundo de experiencias entorno a este mundo, pero, sinceiramente, na miña carreira profesional, s miña nai nunca interviu. De feito,moita xente non sabía ,ata ben pouco ,que eramos nai e filla (de Pilar Pereira)
Asi que,pódese dicir que empecei dende cero.
3.Vindo de Bogotá e de Madrid e meténdote no mundo teatral e audiovisual,¿cómo fixeches para aprender galego?
Cheguei a vivir a Santiago no ano 1993. Había un par de anos que viña pasar tempadas por Galicia e nunca tiven reparos en poñer a orella e aprender. Para min é algo lóxico: cando vas un lugar onde falan unha lingua, hai que tentar aprendela. A miña lingua nai e da casa é o castelán pero non por iso vou deixar de enriquecerme e de disfrutar falando galego.
Asi que ,cando vin definitivamente vivir aquí, eu estudaba Historia da Arte e, daquela, nin pasaba pola miña cabeza ser actriz,pero si vía necesario de falar ben o galego. Asi queapuntéime en cursos da Xunta e tamén en teatro da Facultade de Filoloxía… E así, pasados uns dous /tres anos falaba xa case sen meter moito a pata e poñendo oido para a pronunciación. A miña postura fronte o galego é a mesma que teño ante calquera lingua: respecto. Temos riqueza e cultura nunha lingua. Non entendo o desprezo que lle fai moita xente nin a postura de empobrecemento da lingua que se leva a cabo dende moitas institucións públicas. Unha lingua é identidade e historia.
4.Qué consellos lle darías a persoas coma min para enriquecer a fala galega?
Diría que hai que facer o mesmo que farías se vas vivir a calquera lugar onde falen outra lingua: aprendela e usala. Serás máis sabio, abrirás o teu horizonte. Poderás darte conta de que é parte da túa historia,dos recordos ,das palabras que se acomodan ó teu vocabulario e que, sumando, sempre medras. Desvalorizando ou ignorando algo, sen embargo, te infravaloras a ti mesmo. Se nós non nos valoramos,ninguén o fará.
5.Tes un extenso curriculo de traballos dende o ano 94, sobre todo na TVG, ¿qué anécdota gardas con máis cariño?
E certo que oa maior parte do meu traballo está relacionado con series ou tv movies da TVG.
Teño moi bos recordos de cada un deles.Cada un deses traballos ten detrás un equipo de xente que, ás veces, convírtese na túa familia. Convives moitas horas, compartes moitas cousas.
Ademáis,cada persoaxe activa algo diferente en ti. Modos de falar,mirar,vestir… Gardo recordos de todos pero, se queres unha anécdota, pódoche dicir que son capaz de durmir en calquera parte. Madrugamos moito e eu aproveito calquera momento para cargar pilas. Asi que hai máis dunha foto feita por alguén do equipo onde estou coa boca aberta..jaja
6.Como artista e como atea,v¿tes algunha superstición antes de sair a escea?
Non son moi consciente de ter ningún ritual especial antes de saír a escena. Como a case todos ,invádenme os nervios pero,normalmente, e se o traballo está feito, saes a escea e todo empeza a funcionar. Gústame chegar con tempo para preparar o atrezzo, maquillarme, respirar…Abrazarme cos compañeiros ou facer algo físico.
7.¿Algún persoaxe afectóuche a nivel emocional?
Case todos levan algo de ti. A nivel emocional quédanche máis os que son dramáticos e que che fan buscar na túa intimidade ou no teu estómago para darlle alento. Recordo con especial cariño a persoaxe de Maria,no filme A Mariñeira(2007). Estiven moito tempo pensando na soidade e na fortaleza das mulleres que se quedan sen nada, nen ninguén no medio dunha guerra e, sen embargo, tiran pa adiante, sacando forzas de non se sabe onde.
8.Os teus seguidores saben que che gusta debuxar, ¿pensaches en facer unha exposición?
Encántame debuxar dende que son unha enana. Era parte dese mundo interior onde me refuxiaba .Durante todo o colexio ,instituto e universidade, teño pintado todos os meus apuntamentos .De feito,sempre mos pediron para fotocopiar por que dicían que eran moi divertidos.
Dende hai un par de anos decidín apuntarme en clases de dibuxo (nunca antes fora) pero o meu é totalmente amateur. Fago as miñas bonecas e as miñas historias pero considero que o debuxo,con maiúsculasé algo moi difícil e serioPero disfruto unha barbaridade nas clases.
En canto a expoñer,dame pudor..Aínda non me vexo poñendo os meus debuxos nese plan… seica cando teña algo que ofrecer.
9. Cal é o segredo da túa beleza?
Jaja..e que estas preguntas danme a risa… por que ese tipo de preguntas as teño asociadas a esas revistas con “it girls” e mulleres que parece que non fan outra cousa na súa vida máis que estar pendentes do seu aspecto. Tanta loita pola liberación da muller e agora parece que iso é o único que importa dunha tia .UF..QUÉ PEREZA!
A ver,eu creo que hai que coidarse pero sempre dentro dun límite.
Eu son de desmaquillarme sempre con crema e auga de rosas.Poñer hidratante… beber auga… pero tamén os meus viños e as miñas birras cos colegas. Intentar comer ben, moverse, sentirse feliz coa xente que te rodea e agradecer a xenética que herdaches da túa familia… E traballar,iso faime moi feliz!
10.Sabemos que che gusta a música de Mr.cool. ¿Qué é o que máis che gusta da súa música?
Encántame Mr.Cool.Todo él.Qué che vou contar! Jaja. Gústame que sexa tan dúctil e que imprima o seu estilo inconfundible a todo o que fai. E o seu impecable look,of course!
Admiro a súa capacidade de traballo e a súa profesionalidade. Ama o que fai e iso é moi importante.
11.Entre Bogotá (a túa cidade de nacemento) e Galicia, ¿con qué te quedarías?
Non me gusta ter que decidir ou excluir entre cousas que forman parte de miña vida.Todo enriquece e todo é parte de min. Ademáis, polo medio está Madrid,onde vivín 14 anos.
De Bogotá teño as raíces,a familia,infancia,olores,sabores,paisaxes..Un lugar maravilloso.
De Madrid gardo o sentido de ser dunha cidade grande,ca súa personalidade,con virtudes e defectos. Unha cidade que adoro e na que tamén me recoñezo. O colexio e o instituto e primeiros anos de carreira son etapas inesquecibles. Ademáis,ali vive unha das miñas irmás e cando vou vela síntome na casa.
En Galicia levo media vida. Aqui teño xente maravillosa, aquí empecei a saber que quería facer coa miña vida.. Acabeí a universidade, comeceí traballar, disfrutar do que facía .Atopeí as raíces da miña familia materna…miles de cousas importantes… Sen esquecer a beleza das paisaxes,do mar,de todo o luxo que temos o noso alcance.
12.Para rematar, ¿que opinas do papel da muller no mundo audiovisual?
Esta non é unha pregunta fácil por complexa e extensa.
Digamos que,ainda que salvemos certas singularidades que se dan nalgunhas cinematografías,producións ou canles de televisión, o papel da muller como tal no audiovisual, sempre foi, con respecto ó do home, algo secundario, de soporte e ata residual.
Falaba antes das It girls…esas mulleres eternamente adolescentes,que se fan famosas sólo por que colgan selfies, publicitan roupa e exhiben o seu físico como único logro. Este tipo de valores,absolutamente vanais e consumistas, reflíctense nas persoaxes femininas. Parece que a idea do paso do tempo é algo comparable a un “virus terrible”.
A muller madura ou vella (para min,espléndida) é apartada polas producións alegando que iso non vende. Sen embargo non pasa igual coa madurez (sempre ben vista) dos homes.
Simplemente vos suxiro que miredes revistas. Fixádevos como se fala dunha actriz e como dun actor. Que importa no caso dun e doutros. Comparade os papeis que fan uns e outros. E tamén como rodean a esa persoaxe a nivel social, sexual…etc( ninguén se extraña de que un actor de 60 anos teña unha muller de vinte ou que unha muller de corenta, que está estupenda, a poñan facer de nai dun actor que ten case a mesma idade). Se este oficio de actor é xa difícil de por sí, é moitísimo máis difícil para unha actriz.
Por outra parte,nas producións onde si podemos ver mulleres maduras e maiores traballando, compróbase que funcionan e son tan marabillosas coma calquera actor. Nada é máis atractivo que a experiencia, o saber facer, o disfrute do teu traballo e o coñecemento do oficio…
Estamos nun momento onde, por un lado, non paramos de escoitar cousas como a igualdade de sexos, de salarios, de responsabilidade.. .e,polo contrario, a brecha entre homes e mulleres, cada vez é maior, sobretodo, en canto a asuntos profesionais, de dereitos e de salario se refire. Isto, claro está,vese reflectido no audiovisual. En xeral, búscanse mulleres sempre novas,atractivas,dispoñibles,nada críticas e cun interese. moitas veces, só apoiado na sexualidade.
Dende aquí parto unha lanza pola xente que propón outro tipo de historias. Que amosa ás mulleres que existen ou existiron, que respiran,miran e pisan con verdade.E que, por ende, amosan tamén outor homes. Necesitamos máis mulleres neste oficio. Unha postura máis solidaria e crítica por parte de moitos dos nosos compañeiros do gremio.
A xente demanda boas historias.Se están ben contadas,ninguén vai pensar se debería estar protagonizada por un home novo,unha muller sexy,un neno de ollos azuis ou un ancián encantador.Estarán interesados na historia e punto. Por desgracia, e comparado con outros países, España segue a ser bastante troglodita ,conservadora e básica en todo isto dos roles no eido audiovisual. Poñede a televisión e poderedes comprobalo…sen ir máis lonxe.
Foto y texto por Sue Rainbow www.suerainbow.es
Peluquería y maquillaje por http://manuelpensado.es/
Agradecimientos http://www.hotelluxsantiago.com/